Pluralismo - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Pluralismo
- Doutrina filosófica que postula unha pluralidade orixinaria de elementos ou substancias, (independentes unhas doutras e irredutíbeis entre si), a partir das que se explica a formación da realidade. O pluralismo oponse, así, ao monismo (que postula unha soa realidade orixinaria).
Na filosofía antiga o pluralismo está representado por Empédocles de Akragas (que postula a existencia de catro elementos), Anaxágoras de Clazomene (homeomerías), e Demócrito de Abdera (átomos). Na filosofía moderna o seu máis salientado representante foi Leibniz, coa súa monadoloxía.