Pietismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Pietismo
Corrente relixiosa que xorde en Alemaña na segunda metade do século XVII, como reacción contra os males da igrexa luterana, (á que se acusa de formalismo e de afastamento da verdadeira práctica relixiosa), inspirada por Ph. J. Spener, (1635-1705), quen propón como remedio unha austera vida cristiá, estruturada en torno aos "seis píos desexos", entre os que salienta a práctica das virtudes cristiás, dominada polo sentimento de piedade e o rigorismo moral.

Sen chegar a constituírse en Igrexa separada, o pietismo exerceu unha grande influencia ao longo do século XVIII, influencia que non foi soamente relixiosa, senón que afectou tamén á música, a filosofía e a literatura, deixándose sentir, en xeral, na actividade cultural da época en Alemaña. Filósofos como Kant, por exemplo, realizaron os seus primeiros estudos nun contexto dominado polo pietismo, o que algúns quixeron ver reflectido, por exemplo, nas rigorosas esixencias da súa ética do deber.