Ocasionalismo - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Ocasionalismo
- Doutrina elaborada inicialmente polos seguidores de Descartes e que desenvolverá posteriormente Malebranche (1638-1715), consistente na afirmación de que a alma e o corpo non actúan directamente unha sobre o outro, e viceversa, sendo como son substancias totalmente heteroxéneas, senón que é Deus quen produce na alma unha sensación cando o corpo a experimenta, e quen dá ao corpo un movemento cando a alma así o desexa. A acción recíproca da alma e o corpo non é máis que aparencia, xa que o que realmente ocorre é que o que nos parece que é unha acción da alma sobre o corpo non é máis que unha "ocasión" da acción divina.