Obxecto - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Obxecto
- Do latín "obiectum", (o que é posto diante, o contraposto), na actualidade enténdese por obxecto, en xeral, o fin de calquera relación ou actividade, aquilo cara o que se dirixe ou denota.
O termo "obxecto", que non foi usado polos filósofos clásicos, introducírono os escolásticos para referirse ao contido dun acto intelectual ou perceptivo, polo que "ser obxectivo" viña a significar un contido da alma, e non unha cousa externa a ela, realmente existente. Os filósofos modernos, como Descartes e Hobbes, por exemplo, inverten o significado do termo, (que perdura na actualidade), ao aplicalo non á representación, ao contido do acto intelectual, senón á cousa ou ente representado, que se considera exterior á alma. Kant utilízao preferentemente neste sentido, ao falar do obxecto como o resultado de "pensar" o dado na intuición sensíbel, externa ao suxeito. Posteriormente Brentano e Husserl reconsiderarán esa concepción do obxecto, reintroducindo algunhas das aplicacións e matices que os escolásticos deran ao termo.