Nous - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Nous
- Termo grego derivado de "noéin" (ter un pensamento na mente, no espírito) que etimoloxicamente remite a significados relacionados coa visión, o pensamento e a reflexión, e que adoita traducirse por "intelixencia", "intelecto" ou "espírito".
Anaxágoras introdúceo na súa filosofía cun significado similar ao de "intelixencia ordenadora", para explicar o movemento das "sementes" /homeomerías) que dá lugar á constitución do cosmos: así e todo, o papel da intelixencia queda reducido ao de causa inicial do movemento que, unha vez producido, segue actuando por si mesmo sometido a causas exclusivamente mecánicas.
Para Platón o Nous é a parte máis elevada da alma, que permite o coñecemento directo, a intuición das Ideas, mediante a noese, contraposta á diánoia.