Nada - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Nada
- Termo co que nos referimos á non-existencia de algo. Para Parménides a nada identifícase co" non-ser". Hegel, sen embargo, identifica o ser e a nada, na medida que ambos conceptos contén a mesma indeterminación; a unidade do ser e a nada queda plasmada na concepción da realidade como "devir", como paso dun a outro dos opostos.
A filosofía analítica (Carnap) considera que o termo non remite a ningún contido ontolóxico, e que os metafísicos utilízano erroneamente, coma se fóra realmente o nome de algo, cando só serve para expresar proposicións existenciais negativas.