Lóxica - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Lóxica
- Do grego "logiké", (relativo á razón, ao discurso racional), en xeral, e na actualidade, considérase que a lóxica é unha ciencia formal que ten por obxecto o estudo das condicións nas que un razoamento pode ser considerado válido, mediante a determinación das regras de inferencia válidas. Aínda que se atribúe a súa orixe a Zenón de Elea, o verdadeiro sistematizador e impulsor da lóxica grega foi Aristóteles, cuxos traballos, agrupados posteriormente baixo a denominación de "Organon", consideráronse durante máis de 20 séculos como un compendio completo e definitivo de lóxica.
A finais do século XX, sen embargo, debido aos traballos de Boole e Frege, entre outros, a lóxica experimentará un cambio substancial: deixa de basearse na clasificación das proposicións e adopta o principio de xeración recursiva, o que permite prescindir totalmente da linguaxe ordinaria en favor dunha linguaxe puramente formal, composta por un pequeno número de signos e de certas regras de combinación para formar enunciados. Dende entón os estudos de lóxica non deixaron de progresar, quedando reducida a lóxica aristotélica a unha pequena parte das cuestións das que se ocupa a lóxica contemporánea.