Introspección - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Introspección
- Do latín "introspicere", mirar no interior. En xeral, e segundo a etimoloxía, observación dun mesmo, auto observación psicolóxica, xa sexa da conciencia ou dos sentimentos.
Nun sentido máis restrinxido, a introspección é o método psicolóxico segundo o cal o suxeito experimental, (ao describir as súas experiencias conscientes en termos sensoriais, imaxinativos ou afectivos, da maneira máis elemental posíbel), facilita a interacción co psicólogo, quen dispón así da posibilidade de realizar unha "observación" experimental da actividade propia do suxeito. Este método, utilizado inicialmente por W. Wundt, e aceptado por moitas escolas psicolóxicas, é rexeitado pola psicoloxía condutista.