Intelixíbel ou intelixible - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Intelixíbel ou intelixible
- En xeral, utilízase o termo "intelixíbel", para manifestar que algo é comprensíbel, que está dotado de coherencia e racionalidade, que pode ser pensado. Considerado nesta acepción, o intelixíbel oponse ao non intelixíbel, ao incomprensíbel. Na filosofía clásica e medieval o "intelixíbel" adoita contrapoñerse ao sensíbel, adquirindo entón unha dobre significación: metafísica e gnoseolóxica.
Na súa acepción metafísica, a realidade intelixíbel, "o intelixíbel", é a verdadeira realidade, o verdadeiro ser, tal como Platón, por exemplo, considera ás Ideas. Na súa acepción gnoseolóxica, o coñecemento intelixíbel é o que podemos obter de modo inmediato, a través da acción do intelecto, que versa sobre a esencia do obxecto e que se expresa mediante o concepto.