Inmanencia - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Inmanencia
Termo, oposto a transcendencia, co que nos referimos ao carácter daquela actividade ou acción do axente que se dá nel e que ten no mesmo axente o seu propio fin, "permanecendo", xa que logo, no interior de quen a executa. O acto de ver, por exemplo, foi considerado polos escolásticos como un caso típico de inmanencia, ao non ter efecto algún sobre o visto. Spinoza utiliza tamén o termo neste sentido, cando define a Deus como a causa inmanente de tódalas cousas.