Inferencia - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Inferencia
- En xeral, proceso de razoamento polo que se conclúe unha proposición doutra ou outras anteriormente aceptadas. Se a proposición se conclúe a partir exclusivamente doutra, falamos de inferencia inmediata; se a conclusión se estabelece a partir de varias proposicións falamos de inferencia mediata.
Na lóxica formal a inferencia está rexida por regras, (chamadas regras de inferencia), mediante cuxa aplicación a unha ou varias premisas anteriormente dadas podemos obter unha conclusión. Se a inferencia se obtén por aplicación correcta dunha regra de inferencia, considérase unha inferencia válida. En caso contrario considérase que a inferencia é inválida.