Indución - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Indución
Método de coñecemento que permite obter por xeneralización un enunciado xeral a partir de enunciados que describen casos particulares. A indución considérase completa cando se observaron tódolos casos particulares, polo que a xeneralización á que dá lugar considérase válida.

Na maioría dos casos, non obstante, é imposíbel unha indución completa, polo que o enunciado xeral a que dá lugar a aplicación de dito método queda sometido a un certo grao de incerteza. Neste caso falamos de indución incompleta. A indución incompleta non se pode considerar como un esquema de inferencia formalmente válido, nin se pode xustificar empiricamente, polo que se considera que nos ofrece "verdades" que gozan dun maior ou menor grao de probabilidade, pero que non nos pode garantir a súa certeza absoluta.