Imperativo categórico - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Imperativo categórico
- Por imperativo categórico entende Kant "a fórmula na que se expresa o mandato ou orde da lei moral". A lei moral baséase, segundo Kant, na noción de deber; e en canto que a lei moral pretende rexer a nosa conduta ha de conter algunha orde ou algún mandato. Mais como a lei moral é universal e necesaria a orde ou mandato que conteña ha de ser categórico, é dicir, non pode estar sometido a ningunha condición (non pode ser hipotético, xa que nese caso non sería universal nen necesario). Ademais, como a lei moral non pode conter nada empírico, o imperativo categórico en que se expresa tampouco poderá ter ningún contido empírico, senón só a forma pura da moralidade.
Na "Fundamentación da metafísica dos costumes" Kant dános tres definicións distintas do mesmo e único imperativo categórico. Velaí a primeira: "Obra só segundo unha máxima tal que poidas querer ao mesmo tempo que se torne en lei universal".