Imperativo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Imperativo
Termo que procede do latín "imperativum" e que significa, etimoloxicamente, obrigatorio. Neste sentido, un imperativo é unha orde, un mandato, polo que se manifesta unha obriga. Na filosofía moral de Kant só pode haber un imperativo moral, que é necesariamente categórico, e que pon de manifesto o carácter incondicionado da verdadeira acción moral. Kant ofrecerá tres formulacións distintas do mesmo e único imperativo categórico posíbel.