Ideoloxía - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Ideoloxía
- O primeiro uso do termo "ideoloxía" atribúese ao conde Destutt de Tracy, (1754-1836), a finais do século XVIII, co significado de "estudo das ideas", aínda que pronto adquiriu unha connotación pexorativa.
En Marx, o termo é usado co significado de "falsa conciencia", e aplícase aos sistemas filosóficos, xurídicos, políticos e relixiosos, na medida que considera que non se basean na realidade, senón en ilusións sobre a realidade. Para Marx, as ideoloxías non só desvirtúan a realidade, senón que se presentan tamén como sistemas de xustificación da mesma realidade que desvirtúan.
Na actualidade prefírese usa-lo termo, en socioloxía do coñecemento, en sentido neutro, sen connotacións pexorativas, significando o conxunto de ideas que forman parte dun sistema de crenzas.