Identidade - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Identidade
- Podemos considerar a identidade a partir do punto de vista ontolóxico (ou metafísico) ou a partir do punto de vista lóxico. A partir do punto de vista ontolóxico a identidade exprésase no principio ontolóxico de identidade, segundo o cal toda cousa é igual a si mesma. Dende o punto de vista lóxico, considérase que o principio lóxico de identidade é unha lei da lóxica, unha tautoloxía, que, no caso da lóxica proposicional podería expresarse como unha expresión condicional ou bicondicional, do tipo "se p entón p" ou "p se e só se p", respectivamente. A concepción ontolóxica entrelazouse, a miúdo, no discurso dos filósofos, coa concepción lóxica, confundiuse ás veces con ela, sendo difícil en moitas ocasións deslindar de cal delas se está falando.