Idea - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Idea
- Termo procedente do grego "eidos" (etimoloxicamente, figura, forma ou aspecto visíbel), que Platón utilizou para referirse á realidade intelixíbel e ao que podemos atribuír distintos significados. Platón considera que a Idea é o obxecto dunha intuición intelectual e que representa a esencia inmutábel e eterna da realidade, (é allea ao cambio, polo tanto), e que ten existencia independente da realidade sensíbel (ou sexa, que é subsistente). A Idea adquire así unha dimensión ontolóxica (é un obxecto real que existe independentemente da realidade sensíbele do pensamento), dimensión que continuará posuíndo no neoplatonismo e na filosofía cristiá inspirada nel (pero concibindo, esta última, as Ideas como contidos do intelecto divino).
Na modernidade, con Descartes, o termo perde o seu contido ontolóxico e pasa a significar calquera contido mental ou do pensamento; como contido mental utilízano tamén os empiristas, explicando, en cada caso, a que tipo de contido se refiren. O termo utilizouse máis recentemente como sinónimo de concepto, pero tamén é frecuente o seu uso como sinónimo de "pensamento" (no sentido no que falamos, por exemplo, das "ideas" de tal ou cal filósofo, ou de tal ou cal época histórica).