Holismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Holismo
Do grego "hólos", (enteiro, completo). O holismo é unha posición metodolóxica e epistemolóxica segundo a cal o organismo debe ser estudado non como a suma das partes senón como unha totalidade organizada, de modo que é o "todo" o que permite distinguir e comprender as súas "partes", e non ao contrario. As partes non ten entidade nin significado algún á marxe do todo, polo que dificilmente se pode aceptar que o todo sexa a "suma" de tales partes.