Hermenéutica - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Hermenéutica
Do grego "hermeneia" (tradución, interpretación). O termo "hermenéutica" foi utilizado tradicionalmente sobre todo no contexto da esexese bíblica, asociado ás técnicas e métodos de interpretación dos devanditos textos.

Na actualidade referímonos con ese tertmo máis habitualmente á corrente filosófica que propón como método, no ámbito das ciencias humanas, a comprensión das accións humanas no seu contexto histórico e social, fóra do cal perden o seu significado; ao mesmo tempo, dito método sinala a dificultade de tal tarefa, ao poñer de manifesto a heteroxeneidade entre o significado (matizado polas crenzas, tradicións, prexuízos e valores, etc) que poida ter o "mesmo" feito para o investigador e para a época investigada. Esta dificultade parece esixir que se comprendera xa algo para despois poder comprendelo, o que dá lugar a unha aparente circularidade que se coñece co nome de "círculo hermenéutico".