Hábito - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Hábito
- Do latín "habitus". En xeral, enténdese por hábito a predisposición a obrar dunha determinada maneira adquirida por exercicio. Segundo a ética aristotélica as virtudes e os vicios son hábitos, correspondéndolle a cada virtude dous vicios, un por exceso e outro por defecto. Aínda que o hábito adquírese por repetición dunha conduta, termina por converterse nunha posesión permanente do individuo que o adquiriu, de xeito que por el se rexe dunha maneira inmediata a súa conduta.