Funtor - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Funtor
Termo utilizado pola lóxica formal para designar calquera operador lóxico, ou conectiva, (como a conxunción, a disxunción, etc...), de modo que, non posuíndo contido semántico algún, utilízase para estabelecer relacións entre contidos.

Nas matemáticas, o termo utilízase na teoría das categorías para designar aquela función dunha categoría a outra que leva obxectos a obxectos e morfismos a morfismos, de xeito que a composición de morfismos e as identidades se preserven.