Forza de traballo - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Forza de traballo
- Segundo Marx, a forza de traballo é a capacidade de traballo do traballador, empregada no proceso de traballo que, xunto coa materia obxecto de transformación e os medios de produción, forma parte das chamadas "forzas produtivas".
A forza de traballo debe distinguirse do seu rendemento, materializado no obxecto da produción, ao que se denomina "traballo realizado". No traballo realizado hai "algo máis" que na simple forza de traballo (que é o que se retribúe): hai unha plusvalía (que crea o traballador coa súa forza de traballo, pero que se apropia o capitalista). «A forza de traballo engade constantemente ao produto, sobre o seu propio valor, unha plusvalía que é a encarnación do traballo non retribuído.» (O capital, t. 11, cap. VI.)