Finalismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Finalismo
Termo co que nos referimos a aquelas concepcións da realidade segundo as cales esta áchase orientada cara a consecución de determinados fins, polo que se entende que tales fins actúan como causas explicativas da constitución e do desenvolvemento desa realidade.

As explicacións finalistas inspíranse xeralmente no modelo da acción humana, tal como foi interpretada tradicionalmente, subliñando sobre todo o seu carácter intencional, ao considerar que os fins perseguidos orientan a conduta humana e determinan os medios óptimos para acadar tales fins. Tal interpretación da conduta está inspirada, sen lugar a dúbidas, no modelo de actividade do artesán, modelo ao que recorren tanto Platón como Aristóteles, e que aplican para explicar non só o conxunto da conduta humana, senón tamén o devir do universo en xeral.

O finalismo será criticado xa na antigüidade por Demócrito e os epicúreos, e na época moderna por Bacon, Galileo e Descartes, abrindo así as portas a unha interpretación científica da realidade. O finalismo rexurdirá, non obstante, con Newton e Leibniz, entre outros, e máis tarde co idealismo hegeliano.