Fenómeno - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Fenómeno
- Do grego "phainomenon", (o que se mostra, o que aparece), o termo designa, en xeral, o que se manifesta directamente aos sentidos, o que pode ser obxecto dunha observación empírica. Para Platón, ademais, dado o carácter secundario, derivado, da realidade sensíbel, (mera copia das Ideas ou esencias), o termo adopta o significado de "aparencia", en canto o sensíbel é distinto da verdadeira realidade.
En Kant, o fenómeno é a realidade tal como a coñecemos, a partir das formas a priori da sensibilidade e do entendemento aplicadas ás intuicións empíricas, e oponse ao que a realidade é "en si mesma", na marxe do noso modo de coñecela, á que denomina "nóumeno".