Fenomenismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Fenomenismo
Do grego "phainomenon", (o que se mostra, o que aparece), co termo fenomenismo designamos toda posición filosófica que sostén que a realidade non ten existencia "en si mesma", que non é unha esencia subsistente, senón que se presenta só como algo que se dá no espazo e no tempo, ao que se denomina fenómeno. A esta posición adoitase tamén chamala fenomenalismo.

O fenomenismo ontolóxico foi defendido polos empiristas ingleses, especialmente por Berkeley, quen chega a negar a mesma realidade física das cousas, que queda reducida a "experiencia" ou conxunto de percepcións subxectivas. O fenomenismo gnoseolóxico foi defendido por Kant, quen rexeita a posibilidade de coñecer o que son as "cousas en si" mesmas, podendo o suxeito acceder só ao coñecemento dos fenómenos, do que a realidade é para nós.