Facultade - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Facultade
- Termo que se adoita utilizar na filosofía tradicional (psicoloxía racional) para referirse á capacidade que ten a alma de facer algo. Platón, Aristóteles e os estoicos, por exemplo, distinguen na alma "potencias" ou "facultades" para realizar actividades vexetativas, sensitivas e intelectivas (entre as que se inclúe a vontade), orixinándose distintas clasificacións das que a aristotélica foi a máis aceptada.
A doutrina das facultades atópase en desuso, na actualidade, non tendo cabida algunha na psicoloxía contemporánea.