Emanación - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Emanación
- Do latín "emanatione". Proceso xerárquico, de descenso ou degradación ontolóxica, ao que recorren, entre outros, os filósofos neoplatónicos, mediante o que se explica a produción da realidade inferior como unha especie de irradiación a partir da superabundancia da superior, (Deus, o Un, a realidade subsistente e orixinaria), sen que esta perda a súa unidade nin se contamine co inferior ao longo do mesmo.
O proceso de produción do real por emanación distinguise tanto da creación a partir da nada (defendida polos filósofos cristiáns), como da formación da realidade a partir dunha materia preexistente modelada polo Demiúrgo (Platón).