Eclecticismo - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Eclecticismo
- En xeral, o termo eclecticismo aplícase a toda posición filosófica que intenta harmonizar nunha soa doutrina elementos procedentes de correntes filosóficas distintas.
Do grego "eklektikós", (etimoloxicamente, escolleito, seleccionado), o termo foi utilizado na antigüidade para referirse á tendencia, común ás escolas filosóficas postaristotélicas, a harmonizar doutrinas procedentes de diversas escolas ou correntes de pensamento, seleccionando o que se consideraba valioso en cada unha delas e intentando minimizar as diferenzas, que se consideraban, a miúdo, puramente terminolóxicas. Cicerón, na antigüidade, e Victor Cousin, na época moderna, considérase representantes típicos do eclecticismo.