Experiencia - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Experiencia
1. En xeral enténdese por experiencia todo aquilo que depende, directa ou indirectamente, da sensibilidade; é dicir, o conxunto de contidos que proceden dos sentidos, xa se refiran ditos contidos a un acto cognoscitivo ou a un acto vivencial, (emocional), de xeito que o ámbito da experiencia vén a identificarse co ámbito da sensibilidade, da percepción sensíbel.

2. Nun sentido máis cotián enténdese por experiencia o saber acumulado por unha persoa mediante a aprendizaxe, (por repetición, as máis das veces), ou por unha vivencia reflexiva sobre as circunstancias profesionais ou vitais, en xeral.

3. No caso da actividade científica admítese, ao falar da experiencia, que non haxa unha relación directa do estudado cos datos sensibeis, pero si debe poder estabelecerse unha relación indirecta, (obtida por inferencia doutros fenómenos que si teñen esa relación directa coa sensibilidade), de modo que o fenómeno estudado non perda a súa característica de fenómeno observábel. Cando a observación está orientada e controlada polo observador fálase de "experimento" científico.