Evolución - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Evolución
1. En xeral, enténdese por evolución o paso progresivo dun estadio a outro, que se considera superior ao anterior. Nun sentido máis restrinxido, enténdese por evolución a afirmación de que as distintas especies de seres vivos non foron sempre como son, senón que proceden de especies de seres anteriores e distintas a elas. Neste sentido, adóitase utilizar tamén o termo "evolucionismo", e a idea de evolución non implica a idea de superioridade das especies posteriores sobre as anteriores. A evolución non é propositiva (non ten ningún propósito), non se encamiña cara a ningún fin.

2. A evolución das especies foi defendida a principios do século XIX por Lamarck. Pero non foi ata o último cuarto do mesmo século cando, grazas ás teorías da selección natural de Darwin e Wallace, comezou a ser aceptada. Na actualidade, combinada a xenética coa selección natural, por Th. Dobzhansky, (na súa obra de 1937 "A xenética e a orixe das especies"), a idea de que as especies proceden por evolución doutras anteriores e distintas a elas está firmemente asentada no ámbito do coñecemento científico, e fóra de toda dúbida razoábel.