Eu - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Eu
Termo co que nos referimos á identidade ou unidade do suxeito, e que foi interpretado ao longo da historia da filosofía dende distintas perspectivas, como a psicolóxica, a gnoseolóxica e a metafísica, dando lugar a distintas concepcións do mesmo.

A filosofía clásica abundou na atribución ao "eu" dunha realidade substancial, de xeito que o "eu" era considerado como unha substancia que se identificaba ca alma, (tanto se esta se concibía como algo material ou como algo inmaterial), facendo dela o substrato de tódalas actividades do suxeito.

Outros filósofos rexeitan esta consideración substancialista do "eu", negando a súa posibilidade mesma, como Nietzsche, ou considerando o "eu" como un mero complexo de sucesivas impresións, como Hume. Outros consideran o "eu" como unha función (unha función transcendental, no caso da filosofía kantiana) ou como un mero epifenómeno da actividade cerebral.