Esencia - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Esencia
- 1. En xeral, e especialmente dende Aristóteles, considérase que a esencia remite ao "ser isto ou aquilo" dunha cousa, é dicir, non a que unha cousa é, senón "ao que é" esa cousa. Neste caso fálase da esencia como de algo real (consideración ontolóxica do termo).
2. O termo esencia pódese considerar tamén a partir do punto de vista lóxico: neste caso considérase que a esencia é un predicado mediante o que se define unha cousa, ou se di o que é (consideración lóxica do termo).
3. Dependendo da adopción dunha ou outra consideración (ontolóxica ou lóxica) atopamos distintas interpretacións da esencia ao longo da Historia da Filosofía: a metafísica (real), a lóxica (conceptual) ou unha combinación entre ambas. Podemos considerar que a Idea platónica representa a esencia da realidade, na medida que Platón afirma que a Idea é máis real cá cousa. No caso de Aristóteles a esencia sería identificábel coa Forma.
4. A afirmación de que a esencia é algo real e distinto do obxecto do que é esencia deu lugar, non obstante, a intensas polémicas, sendo moitos os filósofos que rexeitan tal realidade, por diversas razóns, como as esgrimidas por Occam, Hume, Nietzsche...