Epistemoloxía - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Epistemoloxía
- Do grego "episteme", (verdadeiro coñecemento, ciencia) e "logos", (estudo, tratado). Etimoloxicamente, pois, significa "estudo do coñecemento", e como tal converteuse nunha rama da filosofía que estuda o fundamento, os límites, e a metodoloxía do coñecemento. Dado que no seu obxecto de estudo atópase tamén o coñecemento científico, segundo o contexto en que se de, podería ser difícil distinguir entre epistemoloxía e "filosofía da ciencia". Nun contexto puramente filosófico identificaríase coa clásica "teoría do coñecemento".