Epicureísmo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Epicureísmo
1. Doutrina filosófica de Epicuro de Samos (-341,-270) e da súa Escola, fundada por el en Atenas o ano 306 antes da nosa era, e que foi coñecida tamén cono "O Xardín", polos xardíns anexos á casa de Epicuro nos que se hospedaban os seus discípulos e onde se impartían as súas ensinanzas.

2. O epicureísmo defendeu a física atomista de Demócrito e elaborou unha ética do pracer (hedonismo) segundo a cal o obxectivo da vida feliz consistiría na ausencia de dor físico e moral, representada nos conceptos de "aponía" e "ataraxia". Un dos seus seguidores máis salientados foi o romano Lucrecio (Titus Lucrecius Carus), do que se conserva a súa obra "Da natureza das cousas", na que se atopan expostas as principais ideas desta escola filosófica que, como tal, mantivo a súa actividade ata finais do século II da nosa era.