Doxa - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Doxa
Termo grego que se adoita traducir por "opinión" e co que nos referimos ao coñecemento que non nos ofrece certeza absoluta, e que non podería ser, pois, máis que unha crenza razoábel, un coñecemento "aparente" da realidade. Neste sentido parecen utilizalo tanto Parménides, ao distinguir a "vía da verdade" da "vía da opinión", como Platón, ao distinguir, tamén contrapoñéndoas, a "doxa" e a "episteme", é dicir, o coñecemento aparente, (o coñecemento da realidade sensíbel), do verdadeiro coñecemento, (o coñecemento da verdadeira realidade, da realidade intelixíbel, das Ideas).