Dogmatismo - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Dogmatismo
- Na súa acepción máis ordinaria desígnase co termo "dogmatismo" toda posición filosófica que supoña a total submisión a certos principios ou á autoridade que os postula, principios e autoridade que se aceptan e/ou defenden sen a menor crítica ou autocrítica, coma se representasen "a verdade", sen necesidade de máis argumento ou xustificación.
Kant, por exemplo, opoñerá a súa propia "filosofía crítica" ao dogmatismo racionalista do século XVIII, ao afirmar este que á razón tiña posibilidade de coñecemento metafísico, sen facer previamente unha análise crítica de tal posibilidade.