Dogma - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Dogma
Do grego "dógma", (decreto, doutrina comunmente aceptada), denomínase así a todo principio que se considera que expresa unha verdade irrefutábel, sexa demostrábel ou non, comprensíbel para a mente humana ou non.

O termo utilízase especialmente na linguaxe relixiosa para referirse a aqueles principios que os crentes deben acatar ou observar escrupulosamente e sobre os que non cabe dúbida, discusión ou modificación algunha.

En filosofía aplícase a toda opinión fundada en principios que se considera posúen as características anteriormente sinaladas.