Dobre verdade - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Dobre verdade
- Teoría defendida por algúns escolásticos medievais e atribuída aos averroístas latinos, segundo a cal existe unha verdade para a razón e outra para a fe, (que poden ser contraditorias entre si), de modo que é posíbel considerar verdadeiros, simultaneamente, un enunciado ao que se chega mediante a investigación filosófica e o seu contrario, que contén un precepto de fe. Tal doutrina foi erroneamente atribuída a Averroes e a algúns averroístas latinos, como Siger de Brabante, que, de feito, non defenderon nunca tal posición.