Dilema - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Dilema
Termo que se utiliza en lóxica e en ética con distintos significados. Un dilema é, en lóxica, un argumento con forma de siloxismo no que se presenta unha disxunción na que se afirman os seus dous membros (chamados "cornos do dilema"), e do que se segue unha conclusión que pode resultar paradoxal. Por exemplo: "Esta tarde irás ao cine ou ao teatro. Pero se vas ao cine, á saída irás cear. E se vas ao teatro, á saída irás cear. Polo tanto, tanto se vas ao cine coma se vas ao teatro, irás despois a cear".

En ética, o dilema preséntase cando debemos elixir entre dúas alternativas, sen que haxa elementos para decidirse por unha ou outra, ao observar en ambas opcións aspectos positivos e negativos, segundo os valores que adoptemos, e sen que o recurso a estes valores nos permíta tomar unha postura que non os contraveña nalgunha medida.