Diánoia - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Diánoia
Termo grego que se adoita traducir por "razón discursiva" e que remite á capacidade da razón para obter coñecementos mediante a progresión das premisas a unha conclusión que necesariamente deriva daquelas, ou sexa, o coñecemento obtido mediante causas e principios. Neste sentido, a "diánoia", o razoamento discursivo, oponse ao Nous, á capacidade da razón de intuír de forma inmediata o coñecemento, (sexa da verdadeira realidade, -- da Ideas, como no caso de Platón --; sexa dos primeiros principios do coñecemento, -- como no caso de Aristóteles ).

Na filosofía posterior esta oposición entre Diánoia e Nous adoita quedar reflectida na oposición entre Razón e Entendemento, respectivamente.