Devir - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Devir
Termo co que se designa o proceso de ser, baixo o que se inclúen tódolos tipos de cambio, (movemento, alteración, xeración, corrupción...) e que adoita ir asociado a expresións como "chegar a ser".

En xeral, e dende a filosofía grega clásica, falar do ser como "devir" marca a oposición a unha concepción do ser como algo estático, e adóitase considerar as posturas defendidas por Heráclito e Parménides como representativas dunha e outra posición, respectivamente. Entendeuse, pois, que o "devir" opoñíase ao "ser", no sentido de que o proceso de ser, ou de "chegar a ser" algo, oponse á inmobilidade do ser. A afirmación do devir, do ser como proceso, identifícase cunha concepción dinámica da realidade, da que adoita considerarse a Heráclito de Éfeso como o seu máis representativo defensor.