Determinismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Determinismo
Doutrina filosófica, (e tamén científica, coa posición adoptada por Laplace), que afirma que tódolos acontecementos da natureza están sometidos á acción de leis universais de carácter causal, de xeito que uns derivan necesariamente doutros segundo unha cadea de causas eficientes. O determinismo nega, pois, que poida ter lugar unha acción libre ou por azar na natureza, é dicir, unha acción que non poida ser explicada recorrendo a causas eficientes.

En xeral, as concepcións deterministas da natureza adoitan estar asociadas ao mecanicismo e, no caso das accións humanas, suscitan o problema do determinismo moral.