Criterio - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Criterio
- O que permite distinguir unha cousa doutra, o verdadeiro do falso, o que ten sentido do que non o ten.
O problema do criterio de verdade acada especial relevancia nalgunhas filosofías, como na cartesiana, nas que, ao encontrarse inicialmente o suxeito fechado sobre si mesmo, non é posíbel apelar á correspondencia entre a proposición e o obxecto ao que se refire, como criterio de verdade, dado que a realidade do obxecto está aínda sometida a dúbida e non pode constituírse en fundamento de ningunha verdade. Descartes pretende superar dita dificultade tomando como criterio as características do cogito: a claridade e a distinción coa que dita proposición é percibida.