Concepto - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Concepto
- Termo procedente do latín "concipere" que etimoloxicamente significa "o concibido". Tradicionalmente entendeuse que un concepto era unha representación xeral, abstracta, dun obxecto. Nese sentido, o concepto non se pode asimilar a unha imaxe nin a ningún outro contido sensíbel.
Na filosofía do século XX o concepto entendeuse como o elemento mediador entre o signo lingüístico e o significado, especialmente no ámbito da filosofía analítica.
A discusión sobre a formación dos conceptos, (se se forman por xeneralización ou por abstracción, por exemplo), así como sobre a súa realidade, (se son reais, -- realismo conceptua l--, ou non, -- nominalismo --), foi unha das discusións tradicionais en filosofía, que acadou especial intensidade na Idade Media en torno ao chamado problema dos universais.