Ciencia - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Ciencia
- Do latín "scientia", polo que se traduxo o grego "episteme", etimoloxicamente significa "coñecemento verdadeiro", coñecemento baseado en razóns sólidas. Neste sentido foi considerada ciencia a filosofía ata a modernidade, en que o termo comeza a utilizarse cun significado distinto que, baixo a denominación de "Nova ciencia", rexeita que o coñecemento consista no coñecemento das esencias e no recurso exclusivo ao método dedutivo, liberándose tamén así da teoloxía.
Na actualidade entendese por ciencia todo saber que se poida presentar como un conxunto sistemático de coñecementos racionais, e cuxa validez poida ser demostrada mediante métodos lóxicos ou empíricos, segundo falemos de coñecementos propios das ciencias formais ou das ciencias empíricas.