Calidade - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Calidade
Termo procedente do latín "qualitas". En xeral, entendese por calidade a propiedade ou o modo de ser propio e distintivo de algo que, polo xeral, ten un carácter positivo. Para Aristóteles, a calidade é unha das dez categorías que, xunto coa cantidade, adquire unha especial relevancia na súa interpretación da natureza. Coa calidade refírese Aristóteles aos principios activos que, asociados en parellas de opostos, dan lugar á constitución dos catro elementos.

Na filosofía moderna, a distinción entre calidades primarias e secundarias, (consideradas obxectivas e subxectivas, respectivamente), que xa fora proposta por Demócrito de Abdera, adquire unha especial relevancia en relación coa defensa dunha interpretación mecanicista da natureza (postulada por Descartes e Galileo) fronte á interpretación cualitativa e finalista de Aristóteles e dos filósofos medievais.