Bicondicional - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Bicondicional
- Termo utilizado en lóxica para referirse á conectiva binaria representada por unha dobre frecha ( ↔), que na linguaxe natural adóitase asociar coa expresión "se e só se", e que se refire á dobre condicionalidade estabelecida entre os elementos (fórmulas lóxicas) que pon en relación. Segundo se define nas táboas de verdade, o bicondicional ten un valor verdadeiro cando as fórmulas que relaciona teñen o mesmo valor de verdade (ambas son verdadeiras ou ambas falsas), e falso cando as fórmulas que relaciona teñen distinto valor de verdade (unha é verdadeira e a outra falsa).