Abstracta - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Abstracta
- O termo pódese entender de dúas formas. En primeiro lugar, podemos dicir que é "abstracta" unha representación intelectual que non contén ningunha das características individuais, particulares, dun obxecto; neste sentido dicimos que os conceptos universais son "representacións abstractas" dun obxecto.
Pero tamén podemos entender por "abstracta" unha representación intelectual á que non lle corresponde ningún dato sensíbel, ningunha intuición sensíbel, e que, xa que logo, só se pode coñecer polo intelecto, xa que o obxecto ao que se refire non ten realidade empírica. Neste sentido dicimos que son representacións "abstractas" os conceptos formais, como os que atopamos na lóxica e nas matemáticas, aos que non lle corresponde ningún obxecto empírico.