Absoluto - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Absoluto
-
En xeral, chámase absoluto ao incondicionado, ao que non depende de ningunha outra cousa, ao que é por si mesmo, como: a Esfera de Parménides, a Idea platónica de Ben, o Motor Inmóbil de Aristóteles, o Un de Plotino, a Substancia de Spinoza, a "cousa en si" de Kant, e o Espírito Absoluto de Hegel.
Dende o punto de vista lóxico considérase absoluto aquilo que pode definirse sen relación a outra entidade. E dende o punto de vista do valor, o que é valioso por sí mesmo, o que "vale" independentemente de calquera outra consideración ou condición.