A posteriori - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- A posteriori
-
Na Escolástica son chamadas "a posteriori" as demostracións que van do efecto (considerado ontoloxicamente posterior) á causa. Para kant o "a posteriori" remite a un coñecemento cuxa validez depende da experiencia.
En xeral o "a posteriori" oponse ao "a priori", e refírese ao paso de algo posterior a algo anterior en calquera serie ordenada de elementos, independentemente de que esa serie teña lugar ou non no tempo, e de que remita a unha posterioridade temporal, lóxica ou ontolóxica.